Wiki de Mancomunwikisecretaria

Thunderbird

Imaxe:Thunderbird_logo.jpg

Índice

Descrición

O Mozilla Thunderbird é un cliente de correo libre desenvolvido dentro do proxecto Mozilla.org.

O obxectivo de Thunderbird é desenvolver un programa máis lixeiro e rápido mediante o redeseño do xestor de correo do Mozilla oficial. É multiplataforma e é software libre.

Entre as súas características podemos salientar que soporta os protocolos IMAP e POP, ademais do formato HTML; inclúe unha axenda persoal de enderezos; ten un poderoso motor de busca rápida; filtros avanzados de mensaxes; xestión do correo lixo con auto-aprendizaxe; posibilidade de integración con extensións de criptografía; permite ler RSS, etc.

Aínda que se trata de software libre, tanto o nome como o logo da marca "Thunderbird" son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Thunderbird da distribución Debian GNU/Linux chámase Icedove e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades descritas neste manual.

Sección de descargas

Thunderbird 2.0

Descarga da tradución ao galego do Thunderbird 2.0 desde mancomun.org


Instrucións para a instalación da tradución

Para usar a tradución temos que instalar o complemento (ficheiro *.xpi) descargado da ligazón anterior (segundo a nosa versión de Thunderbird). Para elo temos que abrir a ventá de complementos a través do menú Ferramentas do Thunderbird e instalar o complemento descargado.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Thunderbird arrancará por defecto xa en galego.

Se non temos o sistema operativo en galego, temos dúas opcións:

  • Engadir o seguinte parámetro ao executar o Thunderbird: -uilocale gl-ES
  • Instalar un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase Thunderbird e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego"

Manuais e axuda

Manual de Thunderbird de Mancomun.org


Ligazóns

Sección de ligazóns

Problemas da tradución actual

  • Na parte onde saen os cartafoles, ao premer o botón dereito nunha das opcións aparece, "Buscar as mensaxes" cando penso que tería que ser "Buscar nas mensaxes".
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki