Descrición:
| GALPon MiniNo é unha distribución GNU/Linux que ten por obxectivo ser razoablemente útil en computadores moi antigos e con baixo recursos. Non pretende ser unha solución ultrarrápida para equipos de última xeración senón unha aposta pola sustentabilidade e reciclaxe TIC, en aras da redución do lixo hardware que se acumula no noso planeta a velocidades vertixinosas, ademais dunha proposta para a alfabetización TIC con baixo recursos.
|
|
|
Esta distribución é desenvolvida por voluntarios e o ano 2010 contou con financiamento da Xunta de Galicia para a súa difusión e o potenciamento do proxecto.
Un gran recoñecemento por parte da comunidade do software libre ao traballo realizado nesta distribución é a súa inclusión na páxina Distrowatch despois de dous anos solicitándoo.
Actividades de difusión do proxecto
Presentación no software Freedom Day
| O 18 de setembro celebrouse internacionalmente o Software Freedom Day e a asociación GALPon escolleu esa data para facer a presentación oficial da última versión de MiniNo. A celebración do Software Freedom Day en Galicia foi en Mugardos, da man da Asociación Cultural «Comunidade O Zulo», quen no marco do Ciberencontro Kernel 2010, quixo sumarse a esta festividade organizando unha xornada de confraternización da toda a comunidade galega a prol do software libre, representada pola maioría dos grupos e asociacións galegas de usuarios de software libre existentes e AGASOL.
|
|
Presentación na V Semana de software libre de Tudela
| A promoción desta distribución, ademais da celebrada en Mugardos, fíxose tamén en Tudela (Navarra) no mes de novembro, no decurso da V Semana de Software Libre a través da conferencia “Renueva tu antiguo PC con MiniNo” presentada polos coordinadores do proxecto, Miguel Anxo Bouzada e Antonio Sánchez León.
|
|
I Minino DevConf
| GALPon organizou tamén a I MiniNo DevConf en Vigo. Tratouse dunha xornada de traballo na que os desenvolvedores e colaboradores da distribución se reuniron para organizar o traballo do vindeiro ano e debater sobre as posibilidades de futuro do proxecto.
|
|
Patrocina:
Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.