O wiki de Mancomún naceu como punto de encontro para a xestión,
documentación e seguimento dos proxectos de tradución e localización de
software que se promoven desde o portal.
Co paso do tempo, grazas á súa utilidade como ferramenta de traballo
colaborativo, este servizo foi evolucionando incorporando diversa
documentación sobre os aplicativos desenvolvidos/promovidos dende
Mancomún, como o Galinux ou o corrector
ortográfico..., e mesmo para a organización, conxuntamente coa
comunidade, de xornadas, congresos ...
A edición deste wiki está aberta á colaboración de calquera sen máis que
rexistrarse previamente. Animámosvos a que fagades as vosas achegas,
correccións... a calquera das seccións deste wiki contribuíndo así á
creación de contidos de calidade en galego sobre o software libre.
Todo o contido deste wiki está baixo unha licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5
| Produtos desenvolvidos por Mancomún
|
|
Sistema operativo libre e en galego baseado en Ubuntu.
Metapaquete que permite que calquera empresa ou institución poida crear un sistema operativo funcional a partir de Ubuntu, adaptado ás súas necesidades particulares.
|
| Manuais
|
|
Manuais dispoñíbeis en Mancomun.org
|
| Listaxe de aplicativos de software libre en galego
|
|
|
|
| Proxectos de tradución
|
|
|
| Ferramentas lingüísticas
|
| Compilación de distintas ferramentas lingüísticas relacionadas co idioma galego.
Trátase dun corpus paralelo que permite buscar palabras en inglés ou en galego nalgún dos distintos proxectos almacenados e devolve parellas de frases inglés-galego nas que se atopa o texto procurado e o texto traducido correspondente.
O obxectivo da guía de estilo de mancomun.org é establecer as normas que se aplican nas nosas localizacións de software. É un recurso que se complementa co corpus lingüístico do OpenOffice.org, permitindo así garantir a coherencia nas traducións entre programas.
- Glosario de termos tecnolóxicos inglés-galego
Segue as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003 (décimo oitava edición). Desenvolveuse ao longo do traballo de localización do OpenOffice.org, Firefox, Thunderbird, Pidgin.
|
|