Pidgin
(antes coñecido coma Gaim)
Índice |
Descrición
Pidgin é un cliente de mensaxería instantánea, que funciona cos sistemas máis comunmente usados, incluíndo:
- AOL Instant Messenger (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
- Bonjour
- Gadu-Gadu
- Google Talk unicamente mensaxería instantánea (usando o protocolo Jabber)
- Novell Groupwise
- ICQ (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
- Internet Relay Chat
- MSN Messenger
- MySpaceIM
- SILC
- SIMPLE
- Lotus Sametime
- XMPP
- Yahoo! Messenger
- Zephyr
Pidgin é software libre, publicado baixo a GPL de GNU. Foi escrito orixinalmente por Mark Spencer para sistemas de tipo Unix, pero agora funciona sobre moitas plataformas, incluíndo Microsoft Windows, GNU/Linux, Mac VOS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.
Recentemente, Pidgin foi dividido entre a interfaz gráfica de usuario (GUI), que se encarga de mostrar os datos ao usuario; e o motor, que é o que implementa toda a funcionalidade de conexión coas redes de mensaxería. Desta forma agora é posible escribir programas cliente usando diferentes interfaces. A parte do motor está agora incluída na biblioteca libgaim.
Dende a versión 2.0.0 Gaim pasou a chamarse Pidgin para todas as distribucións de software libre. O motivo radica en que a titularidade da marca AIM pertence a AOL Time Warner, e ao non ser Copyleft existen problemas de compatibilidade coas licenzas libres. Polo mesmo motivo, a biblioteca asociada libgaim pasará a chamarse libpurple, e pidgin-text pasará a chamarse Finch.
Sección de descargas
Podes descargar o Pidgin desde a súa páxina de descargas para calquera plataforma.
Manuais e axuda
Outros programas baseados en Pidgin
PhoneGaim é un software baseado no Pidgin, é tamén Software Libre baixo a licenza e GPL e usa o protocolo SIP para ofrecer voz por IP.
Proteus e Adium son dous clientes de mensaxería instantánea para Mac OS X que soporta multiprotocolo a través da librería libgaim.
Pidgin está tamén dispoñible nos seguintes paquetes:
Ligazóns
- Portable Pidgin (para dispositivos de almacenamento USB)
- Planet Pidgin
- Plugins
- Plugins para mensaxería Off the record
- Smilies para Pidgin






