Wiki de Mancomunwikiconselleria

Outros recursos

En mancomun poñemos á vosa disposición unha serie de recursos lingüísticos como:

O Seminario de Lingüística Informática da UVigo na súa sección recursos en liña contén multitude de glosarios e recompilacións de vocabulario que permiten resolver case calquera tipo de dúbida léxica: un glosario de Internet, un vocabulario das artes gráficas, un vocabulario de informática, un glosario de xermanismos, unha base de datos de títulos cinematográficos traducidos ou un vocabulario de fauna mariña. Ademais podemos destacar a sección de ligazóns de lingüística computacional ou os recursos para a tradución e internet.

O investigador filolóxico Pablo Gamallo Otero conta na súa web persoal cun conxugador verbal capaz de resolver rapidamente calquera dúbida cun tempo verbal. Nesa mesma web poderás encontrar un tradutor galego>portugués, dicionarios bidireccionais entre varios idiomas e un analizador morfosintáctico para Linux.

O Centro Ramón Piñeiro tamén dispón dun dicionario de termos literarios para investigadores filolóxicos e todo aquel que sinta curiosidade.

A Sociedade Galega de Terminoloxía (SGAT) é unha asociación que promove a difusión e o debate ao redor da terminoloxía galega. Na súa web aparecen propostas para termos que, por diferentes circunstancias, poden xerar dúbidas como, por exemplo, lapis de memoria. Tamén conta cunha lista de correo para as últimas novidades.

Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Ferramentas personais


MediaWiki