OpenOffice.org
Índice |
Descrición
OpenOffice.org é un conxunto de aplicacións de oficina creado a partir da StarOffice de Sun Microsystems e licenciada como software libre baixo os termos da LGPL ou da SISSL. Está dispoñible para Microsoft Windows, sistemas UNIX, (Linux...) e Mac OS X.
A última versión estable desta suite ofimática é a 2.3
OpenOffice.org está formado por:
- Writer (procesador de texto)
- Calc (folla de cálculo)
- Draw (deseño gráfico)
- Impress (programa de presentacións)
- Math (editor de fórmulas matemáticas)
- Base (base de datos)
- Un editor visual de páxinas web.
- Un gravador de macros.
- Filtros para a importación de ficheiros con formatos de Microsoft Word e outros e para exportación a PDF e Macromedia Flash.
Estado actual da localización ao galego
A versión actualmente dispoñible é a 2.3.0 coa interface totalmente traducida ao galego e a axuda traducida case por completo.
Sección de descargas
Para descargar as distintas versións do OpenOffice tanto para GNU/Linux, Windows ou Mac visite a seguinte páxina:
Descarga de OpenOffice.org dende Mancomun.org
Instrucións de instalación
Windows
Instalación completa
Requirimentos mínimos:Windows XP ou superior
128 MB RAM (64Mb Mínimo, 256Mb Recomendado)
200 MB de espazo dispoñible
Resolución 800 x 600 ou superior con polo menos 256 cores
Instalación:
- Executar o ficheiro OOo_2.3.0_Win32_install_gl.exe
- Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.
- Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do OpenOffice e prema en "Descomprimir".
- Unha vez feito isto o programa de instalación arrincará automaticamente.
- Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
- Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza". Prema en *Seguinte*.
- Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte".
- Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte".
- Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org.
- Prema en "Seguinte".
- Para continuar a instalación prema en "Instalar".
- Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".
Instalación do paquete de idioma
O paquete de idioma galego para OpenOffice.org necesita ter instalada a versión 2.3.0 do OpenOffice.org en calquera outro idioma.
Instalación:
- Executar o ficheiro OOo_2.3.0_Win32Intel_langpack_gl.exe
- Prema en "Seguinte" (Next) na pantalla de benvida á preparación da instalación.
- Elixa o cartafol de destino onde se descomprimirán os ficheiros de instalación do paquete de idioma do OpenOffice e prema en "Descomprimir".
- Unha vez feito isto o programa de instalación arrancará automaticamente.
- Para comezar a instalación deberá premer en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
- Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza".
- Prema en "Seguinte".
- Escolla o cartafol onde está instalada a versión 2.3 do OpenOffice (por defecto xa aparece seleccionado) e prema en "Seguinte".
- Para continuar a instalación prema en "Instalar".
- Unha vez finalizada a instalación prema en "Concluír".
GNU/Linux
Instalación baseada en DEB
- Requirimentos:
Linux Kernel 2.2.13 ou superior.
XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
PC con procesador Pentium ou compatible.
128 MB de memoria RAM.
200 MB de espazo en disco
Instalación de glibc2 en versión 2.2.0 ou superior.
- Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
- Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:
Para 32 bits:tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86_install_gl_DEB.tar.gz
Para 64 bits:tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86-64_install_gl_DEB.tar.gz
Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).
- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
- Para instalar procederemos a teclear:
dpkg -i *.deb
Instalación baseada en RPM
- Requirimentos:
Linux Kernel 2.2.13 ou superior.
XServer (resolución mínima 800x600 e 256 cores) con administrador de ventás (p.ex. GNOME).
PC con procesador Pentium ou compatible.
128 MB de memoria RAM.
200 MB de espazo en disco.
- Antes de nada debería desinstalar o OpenOffice.org que teña instalado no seu computador, tanto sexa o de mancomun.org como o da súa distribución de GNU/Linux.
- Descarge o ficheiro que se corresponda coa súa arquitectura (X86 para 32 bits e X86-64 para 64 bits) e descomprimao nun directorio. Neste exemplo o comando descomprime no directorio actual:
Para 32 bits:tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86_install_gl_rpm.tar.gz
Para 64 bits:tar xvzf OOo_2.3.0_LinuxX86-64_install_gl_rpm.tar.gz
Se é preciso teclee 'su' para ter privilexios de administrador (root).
- Teclee cd co nome do directorio onde estean descomprimidos os ficheiros de instalación de OpenOffice.org.
- Para instalar deberá teclear o seguinte:
rpm-Uvih *.rpm
para instalar o OpenOffice.org en galego.
- Dentro da carpeta onde están descomprimidos os ficheiros de instalación do OpenOffice.org tamén hai unha carpeta que se chama "desktop-integration" e que contén os arquivos para integrar a instalación do OpenOffice.org co seu sistema GNU/Linux. Entre na carpeta e execute a instalación do paquete que se corresponda co seu sistema operativo GNU/Linux.
Por exemplo:
-se vostede ten RedHat:rpm -Uvih openoffice.org-suse-menus-2.3-9234.noarch.rpm
rpm -Uvih openoffice.org-redhat-menus-2.3-9234.noarch.rpm
Mac OS X
Requirimentos
Power Mac G3 400Mhz ou superior
Mac OS X 10.3.x (10.3.5 recomendado), Mac OS X 10.4.x
256MB RAM
400MB espazo en disco
800 x 600 ou resolución superior con 16.7 millóns de cores
Para a instalación de OpenOffice.org en Mac OS X é preciso ter a aplicación X11.app instalada.
Instalación
- Montar o ficheiro correspondente ao seu procesador OpenOffice.org-2.3.0_gl_INTEL.dmg para procesadores Intel e OpenOffice.org-2.3.0_gl_PPC.dmg para procesadores IBM
- Arrastrar a icona do OpenOffice á carpeta de Aplicacións do Finder e aparecerá a secuencia de instalación.
- Prema en "Seguinte" na pantalla de benvida á instalación.
- Lea a licenza e escolla "Acepto os termos da licenza".
- Prema en "Seguinte".
- Encha o formulario da pantalla "Información do usuario", e prema en "Seguinte"
- A información de usuario non é obrigatoria e pode modificarse posteriormente.
- Escolla "Instalación completa" e prema en "Seguinte".
- Escolla os tipos de documentos que desexa utilizar con OpenOffice.org.
- Prema en "Seguinte".
- Para continuar a instalación prema en "Instalar".
- Unha vez finalizada a instalación prema en Concluír".
Recursos adicionais do OpenOffice.org en galego
Logotipos e banners
Se queres enlazarnos desde a túa páxina podes descargar a imaxe do OpenOffice.org en galego:
Manuais de OpenOffice.org
Na sección de descargas de mancomun.org está dispoñible a tradución ao galego feita por TEGNIX SL dalgúns capítulos da guía de OpenOffice de OOoAuthors.
OOoAuthors é un grupo de voluntarios que se adica a escribir documentación sobre OpenOffice.org Writer, Calc, Draw, Impress and Base en varios idiomas.
Máis información
Para información sobre as datas e características das futuras versións do OpenOffice.org visite:
Problemas detectados na tradución actual
No diálogo Opcións - Configuración de Idioma - Recursos ortográficos hai un botón que aparece: _:optlingu.src#...
No diálogo Estilo e formatado, ao despregar o filtro inferior para escoller que estilos se deben mostrar aparece: _:app.src#DLG_STYLE_DESIGNER.Paragraph_Styles.7.filterlist.textListarestilos e só debería aparecer Listar estilos Ao seleccionar estilos de caracter, de marco, de páxina... aparecen máis mensaxes de contexto deste tipo que hai que eliminar
Erro na tradución das cores "Sempre que se abre a ventá de cor, aparece unha cor repetida, verde claro. A segunda "verde claro" non corresponde a ningún verde, senón que é un azul.
Erro no paso 4 do asistente de instalación do OpenOffice.org (actualización en liña)







