MoinMoin
Índice |
Descrición
MoinMoin é un motor de wiki escrito en Python cunha ampla comunidade de usuarios. O wiki permite a colaboración entre usuarios para editar páxinas web de forma sinxela. MoinMoin distribúese baixo a licenza GPL. A localización deste software foi levada a cabo pola Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña.
As características máis importantes de MoinMoin son:
- Mantén copias de seguridade de todas as edicións realizadas nas páxinas.
- Modelos de páxina configurables.
- Soporte internacional: múltiples idiomas e sistemas de escritura, mediante o uso de codificacións Unicode.
- Almacenamento en disco, non precisa dun xestor de bases de datos.
- Extensible mediante complementos (plugins).
- Soporte para reStructuredText.
- Multiplataforma, funciona en calquera sistema operativo no que se dispoña de Python.
Instalación da localización
Diríxase á páxina http://moinmoin.wikiwikiweb.de/MoinMoinDownload para descargar MoinMoin. A localización foi probada satisfactoriamente coas versións 1.5.6 e 1.5.7 de MoinMoin, así que é recomendable que obteña unha delas. Descargue tamén o ficheiro gl.po na sección de descargas más abaixo.
Descomprima a distribución do software e copie o ficheiro gl.po no seu lugar correspondente:
$ tar xvfz moin-1.5.7.tar.gz $ cp gl.po moin-1.5.7/MoinMoin/i18n
A continuación é preciso xerar unha serie de ficheiros a partir do gl.po engadido, para iso é suficiente con utilizar Make no lugar adecuado:
$ (cd moin-1.5.7/MoinMoin/i18n && make)
Agora xa pode instalar MoinMoin do xeito habitual. Precisará privilexios de administrador para poder realizar este paso:
# cd moin-1.5.7 # python setup.py install
Descargas
Ficheiro de localización: gl.po






