Manual de Tina POS
Índice |
Introdución
Terminal de vendas de código aberto, deseñado para pantallas táctiles.
Tina POS é unha aplicación punto de venda para comercios detallistas e establecementos de restauración.
As súas características máis importantes son:
- Soporta impresoras de ticket ESC/POS polo porto serie como as populares Epson TM 88-II e III, visores de cliente como os Epson DM-D110/210 e lectores de códigos de barras para a introdución rápida de artigos.
- Soporta pagos en metálico e con tarxetas. Soporta lectores de tarxetas magnéticas e conexións a pasarelas de pago para xestionar os pagos con tarxetas. Esta versión (0.0.22) só soporta a pasarela de pago de SECPay.
- Como soporte de información emprega o estándar de acceso a bases de datos JDBC. Actualmente soporta HSQLSB, MySQL, Postgresql.
- É multi-idioma.
- É multi-usuario e o acceso ás opcións da aplicación está baseada en roles. Ten catro roles distintos para acceder á aplicación: Administrador, Xerente, Usuario ou Invitado. A ventá principal é a aplicación de vendas e está totalmente orientada a pantallas táctiles de modo que para operar non é necesario nin teclado nin rato, podendo estar ocultos mentres se realizan as operacións de venda.
- Soporta edición de varias vendas simultaneamente, grandes facilidades de edición para a inserción de artigos mediante o teclado táctil numérico, o catálogo de produtos e o lector de código de barras.
- Ten opcións de administración para xestionar usuarios, configurar a aplicación e cambiar o contrasinal de acceso do usuario da aplicación. Ten opcións de xerencia para facer peches de caixa, xestionar produtos, o catálogo de produtos e as categorías de produtos. Ademais ofrece informes de produtos, de peches de caixa e gráfico de vendas.
Instalación
Require ter instalado java versión 1.4 ou superior de Sun Microsystems. Se vas empregar impresora de ticket polo porto serie, debes ademais instalar Java comm 2.0 ou superior.
- Para instalar a aplicación, descarga o ficheiro e descomprimir nun cartafol da túa elección.
- Unha vez instalado, executa o ficheiro "tinapos.bat" en plataformas Windows ou "tinapos.sh" en plataformas Linux ou Mac OSX para arrincar a aplicación.
- Para configurar a aplicación entra como administrador e ir á opción de "Configuración". Aquí poderás escoller a base de datos: local ou remota, nome da caixa rexistradora, tamaño de pantalla e impresora.
Manual
Nesta pantalla escóllese o usuario co que imos iniciar a sesión de traballo no Tina POS, tamén podemos pechar a aplicación.
Menú principal
Ventá que se mostra ao validarse no Tina POS
Ventá de vendas
Listado de categorías e produtos.
Para confirmar un pago, temos que premer o botón de “ = ”, momento no que sae unha nova ventá na que se especifica o tipo de pago: efectivo, cheque, tarxeta, de balde...
Editar vendas
Lugar para facer devolucións ou reimprimir recibos.
Pagamentos
Lugar no que se fan ingresos ou saídas manuais de cartos.
Pechar Caixa
Indícase canto diñeiro entrou á caixa desde a última vez que se pechou.
Caixa pechada
Informe dos peches de caixa, pódense ver as veces que se pechou a caixa especificando un intervalo de tempo.
Menú administración
No panel de administración (debaixo da sección principal) hai 3 opcións para escoller.
Xestión de inventario
Onde se administra o inventario, agregando, borrando e modificando produtos, categorías, IVE, facendo movementos entre almacéns se dispoñemos de máis dun e consultar existencias de produtos.
Produtos
Nesta parte ponse a referencia, o nome, prezo de venda, de compra, engádeselle o IVE, engádese a unha categoría, ao catálogo, número de existencias... Se temos un escáner podemos pasalo ao o produto e automaticamente aparecería no campo Cód. Barras.
IVE
Lugar onde se engade, edita ou borra a base dos impostos aplicables os produtos.
Categorías
Lugar no que se engaden, editan ou borran as diferentes categorías dos produtos.
Rexistro existencias
Lugar no que se visualizan as unidades e prezo dos produtos.
Movemento existencias
Lugar no que se fan movementos entre os distintos almacéns dispoñibles.
Na parte inferior da xestión do inventario, sácanse informes, dos almacéns, do catálogo, inventarios...
Mantemento
Lugar no que se agregan, editan ou borran usuarios, funcións a desempeñar dos usuarios, almacéns (pisos ou mesas no caso de ser restaurante) e os recursos do sistema, imaxes, tickets...
Recursos
Personalización de recursos como tickets, facturas, logos...
Usuarios
Lugar no que se agregan ou editan usuarios e as súas funcións, vendedor, administrador... pódese cambiar o contrasinal e a foto.
Almacéns
Nome e localización do almacén ou almacéns.
Pisos e Mesas
Se temos na configuración do Tina POS, que saque os tickets en modo “ restaurant ”, a maiores teriamos dúas pantallas mais para configurar:
- piso do restaurante, se temos varios
- mesas e localización de cada unha delas nos pisos do restaurante (as coordenadas son respecto a imaxe que se suba para a planta do restaurante)
|
|
Vendas
Obtense informes formatados do vendido. Tamén se poden ver os resultados en gráficas.
O panel do sistema
É onde se realizan grandes cambios, tales como cambiar claves, axustar os dispositivos de impresión, configurar o driver da base de datos, e onde se sae da aplicación.
A maiores, pódense ver os recibos impresos durante esa sesión, no menú impresora.
Tamén é onde o usuario que iniciou a sesión pode cambiar o seu contrasinal, no menú mudar contrasinal.






