Tina POS
Índice |
Descrición
O Libre POS ou anteriormente coñecido coma Tina POS é un terminal de vendas deseñado para pantallas táctiles. Soporta impresoras ESC/POS, visores de cliente e lectores de códigos de barras. É multiusuario e dispón de opcións de xestión cun formulario de edición de produtos, informes e gráficos. É multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido por Adrián Romero e por unha gran comunidade de voluntarios.
Na última versión (1 Outubro de 2007) incorpora a integración co Openbravo e xa ten incluída a tradución ao galego feita por Mancomun.org
Sección de descargas
Descarga do Tina POS.
Como usar o Libre POS en galego
Debido a que o galego non é un idioma totalmente soportado en Java:
Soporte para gl_ES en Java para a execución do Libre POS en galego hai que modificar o script "start.sh" ou "star.bat" (para GNU/Linux ou Windows respectivamente) e cambiar a liña final do mesmo engadindo os seguintes parámetros:
-Duser.language=gl -Duser.region=ES
Manuais e axuda
Ligazóns
Páxina de sourceforge para o Tina POS.
Foros do Tina POS.
Wiki (en inglés).







