Instalación de Ubuntu
A instalación de Ubuntu xeralmente adoita tomar uns 30 minutos se non hai ningún problema. Pasos a seguir:
Índice |
Arranque do sistema
Primeiro deberemos descargar o CD de instalación de Ubuntu, o Desktop CD. O ficheiro descargado será unha imaxe ISO que deberemos gravar nun disco para proceder coa instalación. Todos os programas de gravación de discos son capaces de facer isto.
É necesario arrancar o seu ordenador dende o CD, para iso reinicie o seu equipo co disco gravado no lector. Ao arrancar, aparecerá una xanela de selección de Idioma (véxase Fig. 1), seleccionamos Galego.
Unha vez seleccionado o idioma aparecera un Menú con todas as opcións de arranque, seleccionamos Instalar Ubuntu (véxase Fig. 2) e prememos entrar.
Instalación
Tras uns minutos, dependendo do seu equipo, o instalador gráfico de Ubuntu estará cargado na súa memoria RAM e aparecerá na súa pantalla.
Configuración
- O primeiro paso e elixir o idioma. Debería estar seleccionado o Galego, se non é así pode seleccionalo para continuar a instalación no noso idioma. (véxase Fig. 3).
- O seguinte é elixir a zona horaria. Se seleccionou o idioma galego debería estar seleccionado o fuso horario de Madrid. Seleccione o seu fuso horario dependendo no que se atope (véxase Fig. 4).
- O seguinte paso e elixir o tipo de teclado. Se todo vai ben e non ten un teclado fóra do común senón un teclado español estándar, debería estar xa seleccionado (teclado «Spain»). Comprobe que isto e así escribindo na caixa de texto que hai na parte inferior, pulsando algunhas teclas específicas do idioma, coma a «ñ» e algúns símbolos habituais coma o euro (véxase Fig. 5).
Particionando o disco
¡Coidado! O seguinte paso é o mais delicado, tratase de indicar onde se debe instalar o Ubuntu. Escolla a opción correcta ou podería formatar unha partición non desexada se vai compartir o disco duro con outros sistemas operativos. Existen tres opcións:
- Guiado - Empregar o disco completo. Elixa esta se desexa borralo todo e usar o disco duro por defecto como único para Ubuntu (véxase Fig. 6). É a opción mais fácil, menos problemática e aconsellábel para equipos novos.
- Guiado - Cambiar o tamaño do disco. Ubuntu modificará as particións e creará un espazo libre no disco duro para instalarse. Esta é a opción máis recomendábel se desexa conservar o seu antigo sistema operativo. Esta opción non aparecerá en equipos novos ou que non teñan sistema operativo instalado no seu disco. E aconsellábel facer copia de seguridade dos datos antes de facer ningún cambio no disco.
- Manual. Con esta opción, poderá especificar como serán as particións de forma máis específica. Esta non é a mellor opción se nunca traballou con particións.
Introducir os datos de usuario
No seguinte paso, a instalación preguntaralle datos (véxase Fig. 7): o seu nome real e o seu alcume de usuario. Por exemplo, o nome real podería ser «Mancomún» e o nome de usuario «mancomun» (e recomendábel que para o nome de usuario se utilice ASCII estándar sen espazos ou maiúsculas). A continuación, escolla un contrasinal e o nome do computador.
Resumo e copiado
Na xanela seguinte, o instalador mostraralle os datos para que os revise. Asegúrese de que todo está en orde e prema «Seguinte» para comezar a copiar os ficheiros de Ubuntu ao disco duro (véxase Fig. 8).
Se todo se instalou correctamente, ao final da instalación indicará que debe reiniciar o sistema sen o CD.
Ligazóns externas
- Documentación diversa do sistema: http://www.guia-ubuntu.org/
- Páxina de asistencia de Ubuntu: http://www.ubuntu.com/support






