Wiki de Mancomunwikisecretaria

Golfiño. Corrector gramatical para OpenOffice.org

Imaxe:logo_golfinho.jpg

Índice

Sobre o Golfiño

O Golfiño, aínda en versión beta, completa ás aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades.

O Golfiño é un prototipo, que está á disposición da comunidade para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Podedes descargalo para Windows, Mac OS ou GNU/Linux. Tamén está dispoñible un breve FAQ coas principais características do corrector.

Engádase que OpenOffice.org 2.0 aínda non escolleu un estándar integrado para a corrección gramatical, como si ocorre coa corrección ortográfica que utiliza a tecnoloxía Hunspell. Existen, no entanto, varias propostas de aplicacións de corrección gramatical para diferentes linguas (gaélico, portugués do Brasil, inglés e alemán) que se disputan o estándar para ser integrado no paquete ofimático libre.

O proxecto Golfiño foi desenvolvido por imaxin|software, adxudicataria do concurso público, que requiriu un investimento de 51.000 euros.

A comunidade galega usando este wiki poderá achegar mais exemplos de frases con erros gramaticais dentro das regras apuntadas abaixo que corrixirá Golfiño. Con estes exemplos levarase a cabo unha batería de probas para as primeiras versións do Golfiño e comprobarase a súa cobertura e precisión.

Por outro lado Golfiño usa a proposta brasileira de corrector gramatical CoGrOO como arquitectura de referencia, desenvolvendo a partir desta tecnoloxía informática e lingüística propia con licenza GPL que pretendemos leve a unha proposta galego-brasileira de alto valor tecnolóxico.

Por último indicar que este corrector gramatical está baseado nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003 (décimo oitava edición) e que en cuestións gramaticais segue como obra de referencia a Gramática da Lingua Galega (de Rosario Álvarez e Xosé Xove).

Preguntas frecuentes sobre o Golfiño

Trátase dunha versión definitiva?
Non, trátase dunha versión beta que será mellorada pola comunidade desenvolvedora a través de A Forxa.

Cantas linguas no mundo teñen un corrector gramatical?
Existen nestes momentos nove propostas mundiais de correctores (portugués do Brasil, irlandés, inglés, galés, alemán, polaco, holandés) e a proposta galega de Golfiño (con tecnoloxía lingüística propia galega e tecnoloxía da interface do corrector gramatical brasileiro CoGrOO).

Que tipo de erros corrixe o Golfiño?
Corrixe erros gramaticais e de estilo moi frecuentes en textos galegos como: posición errónea dos pronomes enclíticos, erros de concordancias de xénero e número, erros de incoherencia no estilo normativo, erros de concordancia nominal e verbal, erros de rexencia verbal.

Hai algunha outra lingua do estado que conte cun corrector desta ferramenta?
Ningunha outra lingua do estado conta cun corrector gramatical para OpenOffice.org.

Para que sistemas operativo está dispoñible o Golfiño?
Para Windows, GNU/Linux e Mac OS. OpenOffice.org foi desenvolvido en Java e está optimizado para traballar con sistemas operativos libres como Linux e tamén para Mac OS por tanto nestes sistemas operativos é onde mellor van produtos externos como o corrector gramatical Golfiño.

Que requirimentos preciso de hardware?
Para Windows é necesario usar máquinas a partir do Pentium IV (con hiperthreading) para ter unha velocidade de procesamento aceptable.

Que vantaxes ten o feito de que estea en código aberto?
Ao estar desenvolvida en código aberto a comunidade pode mellorar e ampliar os patróns de erro gramatical, e adaptar para novas aplicacións no futuro.

Regras gramaticais que vai corrixir Golfiño

1. Erros de estilo provocados polo cambio de norma

2. Erros de concordancia nominal e verbal

3. Erros de rexencia verbal

4. Erros de contracción: seguida de artigo e en frases infinitivas

5. Confusión ortográfica con detección gramatical

6. Problemas con más construcións de perífrases verbais

7. Erros nas concordancias de xénero e número

8. Posición dos pronomes enclíticos: detéctanse frecuentes incorreccións no posicionamento dos pronomes clíticos en relación ao verbo

9. Preposición non admitida polo verbo. Falsa pronominalización do verbo por influencia do castelán

10. Palabras ortograficamente ben acentuadas mais nese contexto erroneamente acentuadas

Instrucións de instalación

Requirimentos

  • OpenOffice.org 3.0
  • OpenOffice.org configurado coa versión 1.6.0_10 de java (outras versións poderían tamén funcionar)


Abra OpenOffice.org e en Ferramentas -> Opcións, escolla na árbore da esquerda OpenOffice.org -> Java. Seleccione na parte dereita da pantalla a versión de java coa que debe traballar OpenOffice.org (neste caso a 1.6.0_10).

De non aparecer, deberá instalala e repetir os pasos indicados. Se aparece como instalada, engádaa á lista premendo en Engadir e seleccionando o cartafol de instalación onde se encontra. Peche OpenOffice.org para as mudanzas se aplicaren.

Para instalar java, descarge o Java Runtime Environment de:

http://www.java.com/es/download/index.jsp

Instalación do Golfiño en Windows

Se ten o OpenOffice.org aberto, pécheo antes de continuar.

  • Execute o instalador golfinho1.0-setup.exe e siga os pasos do asistente de instalación.

Instalación do Golfiño en GNU/Linux

Se ten o OpenOffice.org aberto, pécheo antes de continuar.

Para instalar o Golfiño, é preciso ter satisfeitas antes tódalas súas dependencias. Para isto, siga estas indicacións:


  • instale os paquetes .deb descargados:
sudo aptitude install libpcrecpp0
sudo dpkg -i libdb4.6++-1_i386.deb 
sudo dpkg -i libcfg+0_0.6.1_i386.deb
sudo dpkg -i freeling_1.5-1_i386.deb 
sudo dpkg -i glfcore_1.1-1_i386.deb


Este último comando é o que instala o golfiño, os anteriores servían para instalar as dependencias.

  • Engada a extensión a OpenOffice.org.

Abra OpenOffice.org e vaia a Ferramentas -> Xestor de paquetes. Prema en Engadir e seleccione o ficheiro Golfinho.zip do cartafol de instalación do Golfiño (/usr/share/glfcore) . Prema en Abrir e o paquete engadirase ao seu OpenOffice.org.

  • Peche OpenOffice.org para as mudanzas se aplicaren.

Desinstalación do Golfiño en Windows

  • Execute o desinstalador do Golfiño na opción "Engadir/eliminar" do "Panel de Control"

Desinstalación do Golfiño en GNU/Linux e Mac OS X

  • Abra OpenOffice.org e vaia a Ferramentas -> Xestor de paquetes.
  • Na árbore da esquerda abra Os meus paquetes, seleccione Golfinho.zip e prema en Eliminar.
  • Peche OpenOffice.org para as mudanzas se aplicaren.

Se desexa borrar os ficheiros da instalación execute como root o ficheiro DESINSTALAR.

De igual maneira que o ficheiro INSTALAR, é posible que o ficheiro de desinstalación requira permisos de execución para funcionar. Se é así, use o comando chmod para llos atribuír.

Descargar

Binarios e código fonte

Os ficheiros de descarga son os seguintes:

README

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/343/README
Instrucións de instalación


Linux



-DEB
    glfcore
    libdb4.6
    freeling1.5


https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/339/glfcore_1.1-1_i386.deb
glfcore_1.1-1_i386.deb

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/342/libdb4.6++-1_i386.deb
libdb4.6++-1_i386.deb

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/340/freeling_1.5-1_i386.deb
freeling_1.5-1_i386.deb


4,55 MB
596 KB
23,81 MB

-Código fonte de glfcore

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/348/glfcore-1.2.tar.gz
glfcore-1.2.tar.gz

1,41 MB

Windows



-EXE

https://forxa.mancomun.org/frs/download.php/350/golfinho1.1-setup.exe
golfinho1.1-setup.exe

6,9 MB

Arquitectura do Software

PDF explicando a arquitectura do Software:
Arquitectura.pdf

Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki