Wiki de Mancomunwikiconselleria

Gaim

Imaxe:Gaim.png


Índice

Descrición

Gaim é un cliente de mensaxería instantánea, que funciona cos sistemas máis comunmente usados, incluíndo:

  • AOL Instant Messenger (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
  • Gadu-Gadu
  • Google Talk unicamente mensaxería instantánea (usando o protocolo Jabber)
  • ICQ (a través do protocolo OSCAR ou o TOC)
  • Internet Relay Chat
  • Jabber
  • Lotus Sametime
  • MSN Messenger
  • Novell Groupwise
  • OpenNAP
  • SILC
  • Yahoo! Messenger
  • Zephyr

Gaim é software libre, protexido pola GPL de GNU. Foi escrito orixinalmente por Mark Spencer para sistemas de tipo Unix, pero agora funciona sobre moitas plataformas, incluíndo Microsoft Windows, GNU/Linux, Mac VOS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.

Recentemente, Gaim foi dividido entre a interfaz gráfica de usuario (GUI), que se encarga de mostrar os datos ao usuario; e o motor, que é o que implementa toda a funcionalidade de conexión coas redes de mensaxería. Desta forma agora é posible escribir programas cliente usando diferentes interfaces. A parte do motor está agora incluída na biblioteca libgaim.

A última versión estable de Gaim é a 1.5.0 e foi liberada o 12 de agosto do 2005. A última versión beta é a 2.0.0 beta5, e foi liberada o 10 de novembro de 2006.

Dende a versión 2.0.0 Gaim pasará a chamarse Pidgin para todas as distribucións de software libre. O motivo radica en que a titularidade da marca AIM pertence a AOL Time Warner, e ao non ser Copyleft existen problemas de compatibilidade coas licenzas libres. Polo mesmo motivo, a libraría asociada libgaim pasará a chamarse libpurple, e gaim-text pasará a chamarse Finch.

Sección de descargas

Podes descargar o Gaim desde SourceForge para calquera plataforma.

Manuais e axuda

Como compilar o Gaim 1.5.0

Ficheiro po en galego: http://gaim.sourceforge.net/i18n/gl.po

Código fonte do gaim: http://prdownloads.sourceforge.net/gaim/

Necesitamos un ficheiro gl_ES.gmo que se obtén executando:

msgfmt -cvo gl_ES.gmo gl_ES.po

Poñer os ficheiros gl_ES.po e gl_ES.gmo na carpeta “po” do código fonte do Gaim.

Para paquetizar seguir as seguintes instrucións: http://foros.hackerss.com/lofiversion/index.php/t15.html

Outros programas baseados en Gaim

PhoneGaim é un software baseado no Gaim, é tamén Software Libre baixo a licenza e GPL e usa o protocolo SIP para ofrecer voz por IP.

ScatterChat é un programa de mensaxería instantánea encriptada baseada en Gaim.

Proteus e Adium son dous clientes de mensaxería instantánea para Mac OS X que soporta multiprotocolo a través da librería libgaim.

Gaim está tamén dispoñible nos seguintes paquetes:

Ligazóns

Problemas detectados na tradución actual

  • "Chat" por "Conversa". Cando fala de chat fala dunha conversa múltiple. Non entendo a dúbida
  • No menú "Contactos" pon "_Engadir un contactos..." solucionado
  • "Engadir unha Conversa" conversa en minúscula. solucionado
  • "Unirse a unha Conversa" conversa en minúscula. solucionado
  • Canle é feminino ou é masculino??? Aparece das dúas maneiras. solucionado
  • "Limpar deslizante" ?? Refírese ao historial ao que se accede coa barra de scroll. Prefírese Limpar historial. solucionado
  • "Grosa" para a negriña ?? (corpus lingüístico OpenOffice). solucionado para Gaim (propoño debater)
  • Verificar os atallos ?
  • cadea 720,721,722, chat/conversa. solucionado
  • "Personal IM" ?? "MI persoal", noutras cadeas tamén se emprega MI para referirse a Mensaxería Instantánea. solucionado
  • Mensaxe é feminina. solucionado nun caso, detectáronse máis?
  • Manter a coherencia: Buddy aparece como contacto e como amigo. Prefírese contacto. solucionado
  • "switchboard" está sen traducir ?? "centralita". solucionado por ·centraliña·
  • As siglas nos levan plural. i.e: MIs. solucionado
  • "GroupWise" está sen traducir ?? "Grupo de Sabios". solucionado, excepto no caso de ·Novell GroupWise·.
  • "widget" tradúcese por "Control visual" (a debatir). pendente
  • "settings" tradúcese por configuracións (corpus OOo) en lugar de por axustes. solucionado
  • "You talk in chat" por "Conversa"? solucionado por: ·participa na conversa· (mellor ca *fala na conversa, por ser redundante).
  • "Others talk in chat" por "Conversan outros"? solucionado por: ·participan outros na conversa·.
  • "_Focused Windows" por "Ventás en_focadas" ¿?. solucionado por ventás ·con foco· igual ca en portugés. En español: ·ventanas enfocadas·
  • Comprobar esta tradución: "Set window manager \"_URGENT\" hint" por "Establecer pista \"_URXENTE\" do xestor de ventás". pendente
  • Click tradúcese por "premer" en lugar de "pulsar". solucionado
  • Tab por pestana ou solapa (a debatir). solucionado por pestana: corrixiuse un caso en que aparecía solapa. Tab tradúcese por "separador". Corrixido en todas as cadeas.
  • Comprobar esta tradución "Psychic Mode" por "Modo psíquico". pendente
  • "Raw data" tradúcese por "Datos en bruto" (debatir). pendente
  • "Banned" por "Vedado"???? (expulsado non pode ser xa que se usa para kicked). solucionado por ·vedado·. Outras solucións son moi pouco factibles: ·impedido·, ·prohibido...
  • "BOS" esta traducido coma "XEFE" e o significado é "Basic Oscar Service" debería quedar BOS. solucionado
  • Cando se pon o rato enriba dun contacto indícache se te ten ou non: Telo dar lugar a confusión, hai que traducilo por tenlle. Se indica que xa o tes (ti) na túa listaxe de contactos mellor será utilizar unha estrutura do tipo: "xa o tes"; se o que indica é que hai un usuario que che ten a ti mellor é: "tenche" ou "xa che ten"... pode ser? A cadea orixinal "has you" non deixa moi clara esta función. A mensaxe é para indicar que o outro usuario te ten na súa lista. Como o tratamento é de vostede a tradución correcta é: tenlle. corrixido
  • "plaintext authentication" hai dúas ou máis traducións distintas. solucionado con ·autenticación con texto· Isto non é correcto. a versión en español utiliza "autenticación en claro" o portugués "autenticación en/de texto" (as dúas) e/ou "autenticación de chaves", cal podería ser a solución?
Ferramentas personais


MediaWiki