Mancomunwikiconselleria

Firefox

Imaxe:Firefox_logo.jpeg

Índice

Descrición

O Mozilla Firefox é un navegador web gratuíto, multiplataforma e de código aberto. Está desenvolvido pola Fundación Mozilla, entidade sen ánimo de lucro, e por unha gran comunidade de voluntarios.

O Firefox incorpora bloqueo de ventás emerxentes, navegación por separadores, marcapáxinas dinámicos, soporte para estándares abertos, e un potente mecanismo para engadir funcionalidades mediante extensións.

Os complementos son pequenos programas que engaden novas funcionalidades ao navegador e permiten personalizalo para que se axuste ás túas preferencias e gustos.

Aínda que se trata de Software Libre, tanto o nome como o logo da marca "Firefox" son propiedade da Fundación Mozilla. Ao non ser copyleft, o seu uso pode implicar incompatibilidades con algunhas licenzas libres. Por este motivo, o Firefox da distribución Debian GNU/Linux chámase Iceweasel e o seu logo é diferente, aínda que se trata do mesmo programa coas mesmas funcionalidades descritas neste manual.

Sección de descargas

Descarga do Firefox 2.0 en galego desde mancomun.org.

Instrucións para a instalación da tradución

Para usar a tradución temos que instalar o complemento (gl-ES.xpi) descargado da ligazón anterior. Para elo só temos que arrastrar o ficheiro gl-ES.xpi a unha ventá aberta do Firefox.

Feito isto, se temos o sistema operativo en galego, o Firefox arrancará por defecto xa en galego.

Se non temos o sistema operativo en galego, temos dúas opcións:

  • engadir o seguinte parámetro de execución ao Firefox: -uilocale gl-ES
  • instalar un complemento a maiores, o Locale Switcher, que permite seleccionar o idioma sen ter que poñer o parámetro anterior. Instálase, reiníciase Firefox e xa aparece en "Ferramentas->Idiomas->Galego"

Manuais e axuda


Ligazóns

Páxina de extensións para o Firefox

Problemas detectados na tradución actual

  • Marcadores por Marcapáxinas. Marcadores, revisado.
  • Marcapáxinas activos? (vivos, dinámicos...? Debater). Marcadores actualizables?
  • Barra de situación por barra de localización
  • Vínculos por ligazóns. Si, malia a teima existente en utilizar sempre (e SÓ) a forma ligazón, cabe dicir que tamén podemos enriquecer o estilo do texto utilizando sinónimos (que poderían gradarse do seguinte xeito): ligazón, vínculo, hipervínculo.
  • Conector por Complemento (o erro vén do orixinal en catalán). Complemento, revisado
  • Revisar menú Marcapáxinas>Xestionar os Marcapáxinas (algúns saen en inglés e outros en galego)
  • Ferramentas>Consola de Erros: Os menús saen en inglés
  • Ver>Barra de ferramentas>Personalizar:Menús en inglés
  • Editar>Preferencias>Avanzado>Rede>Conexión>Propiedades:Partes en inglés
Ferramentas personais


MediaWiki