Wiki de Mancomunwikiconselleria

Discusión:Glosario

Penso que sería bo engadir a entrada edit -> modificar, corrixir (editar cando sexa sinónimo de publicar). Editar en galego é publicar e poñer á venda [unha obra escrita]. Penso que é importante indicar isto, xa que é común a tradución editar como se significase modificar.

--Como se comenta na Portada do wiki, este glosario é de termos tecnolóxicos inglés-galego. Consideramos que o verbo "edit" do inglés, non ten este carácter tecnolóxico para estar presente no glosario e se incluímos todos estes verbos, o glosario farase inmanexable. --mancomun.org 16:18 28 Nov 2007 (CET)

--Respecto mais non comparto xa que edit (en inglés) aparece en moitas aplicacións "tecnolóxicas" e non só como texto senón en forma de botón, ligazón... Non vexo a diferencia con moitas outras palabras que si están no glosario. Ademais, nas traducións aparece moitas veces como editar, co significado de modificar, polo que opino que non moitos verbos están na mesma situación de confusión e polo tanto non estamos no caso mencionado. Idem co termo library en ingles (tampouco é termo tecnolóxico?), que aparece moitas veces traducido como librería no canto de biblioteca, penso que estas palabras (para min tecnolóxicas) que levan confusión deberían estar no glosario. -- 20:04 17 Xan 2008

Ferramentas personais


MediaWiki