Wiki de Mancomunwikiconselleria

Dicionarios

Na actualidade existen diversos dicionarios en liña que permiten resolver dúbidas léxicas, ortográficas ou mesmo atopar referencias bibliográficas.

Un dos dicionarios máis importantes que está dispoñible na rede é o Dicionario de galego Ir Indo. Recolle máis de 65 000 entradas e está adaptado á normativa de 2003.

A web da Consellería de Educación recolle dous dicionarios, mais ningún está adaptado a esta normativa:

O Instituto da Lingua Galega pon á nosa disposición na súa web varias recompilacións de vocabulario de gran utilidade tanto para o usuario común coma para o investigador filolóxico.

  • Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGA), feito en colaboración coa Real Academia Galega. A través desta web poderemos consultar a existencia dunha palabra e coñecer os seus sinónimos, xénero complementario ou categoría lingüística. Tamén podemos realizar consultas empregando comodíns como, por exemplo, cantas palabras hai en galego que empecen por "h" ou cantas que rematen en "lo".
  • Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Ampla base de datos lexicográfica que recolle termos da nosa historia literaria e permítenos atopar palabras no seu contexto para definir axeitadamente a súa semántica, cronoloxía, etc.

O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo conta co diccionario CLUVI de inglés ao galego.


Seguindo a filosofía wiki atopámonos co Galizionario, un proxecto colaborativo para producir un dicionario gratuíto en galego, con significados, etimoloxías, pronunciacións e citas. A versión galega comezou no ano 2004 e conta xa con máis de 15.000 entradas inseridas. Está totalmente aberto á vosa participación.

Ferramentas personais


MediaWiki