Wiki de Mancomunwikisecretaria

DFD-2011

Ficheiro:Banner-768x90-dfd2011-gl.png

Índice

Día da Liberdade dos Documentos

O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o Software Libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o vindeiro día 30 de marzo.

O obxectivo é chamar atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que empregamos en formatos libres e baixo estándares abertos, así como promover a adopción de formatos de documentación abertos, integrar unha rede global e coordinar actividades para difundir a importancia destes conceptos na era dixital.

Nun momento en que boa parte do noso traballo está a ser xestionado a través de sistemas informáticos, os formatos e estándares abertos son un tema esencial para conservar a liberdade e resgardar os nosos documentos cara ao futuro. Imaxine que vostede comprase un televisor que só puidese recibir sinais dunha soa empresa. Ou empregase un teléfono que só se puidese comunicar con teléfonos desa mesma empresa e non outros.

Iso pasa todo o tempo no campo informático: un sistema de mensaxaría instantánea que non se comunica con outro. Un documento de texto que se abre cun só procesador de texto. Un vídeo que só se ve cun reprodutor determinado. Un sitio web que é accesible desde un único navegador. Este tipo de feitos serían inadmisibles en calquera outro campo, e con todo, son comúns na comunicación mediada por computadores.

Cantas veces ocorreu que ficheiros gardados nun formato privativo tornáronse inaccesibles logo de que o provedor do software abandonara a asistencia ao mesmo? Cantas veces viuse obrigado a conseguir un programa específico dunha empresa en particular, porque alguén lle enviou un ficheiro importante nun formato que só se pode abrir coa última versión dun programa desa única empresa?Cantas veces topouse cun sitio gobernamental que o obrigaba a usar o software dun só provedor para exercer os seus dereitos como cidadán?

Construír un ecosistema informático no cal múltiples provedores convivan, os cidadáns teñamos o dereito a elixir sen temor a sufrir discriminacións, os formatos estean libres de patentes e restricións legais para a súa implementación e póidase estudar como están construídos para preservalos a futuro, é unha das tarefas fundamentais para quen velamos polo libre acceso ao coñecemento, o respecto aos dereitos cidadáns en Internet, a perennidade dos datos e a igualdade de cidadáns ante a lei.

Chamar a atención sobre este tema permitiranos construír un modelo de comunicación dixital onde ningunha persoa sexa discriminada ou tratada con menores beneficios que outra polo software que emprega. En particular, é especialmente preocupante cando é a Administración Pública quen xestiona as súas comunicacións de modo tal que discrimina a quen utilizan Software Libre e beneficia ou mantén a posición dominante dunha soa empresa ao requirir o uso dos seus produtos para comunicarse coa Administración Pública.

Xornada galega do Día da Liberdade dos Documentos

A Comunidade galega do Software Libre quere unirse a este día de celebración mundial organizando unha xornada á que convida a achegarse a toda a cidadanía.

A xornada galega do Día da liberdade dos documentos será o vindeiro mércores 30 de marzo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo [ver mapa].

Axenda

No hall (parte baixa) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións

  • 10:00 a 10:30 - Recepción de asistentes ao DFD 2011

Actos a celebrar no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións

  • 10:30 a 11:30 - Mesa técnica «Empresas-Administración»
  • 11:40 a 12:00 - Inauguración oficial da xornada:
  • D. Adrián Lence Paz, Subdirector Xeral de Infraestruturas e de Telecomunicacións da Xunta de Galicia
  • Dª Edita de Lorenzo, Directora da E.E.T. Universidade de Vigo.
  • 12:00 a 12:50 - Conferencia-Debate «A necesidade do emprego de Estándares Abertos»:
  • Jomar Silva, Director de ODF Alliance Latin America (colaborador remoto)
  • Roberto Brenlla, CKO en TEGNIX, Coordinador CRF ASOLIF
  • 13:00 a 14:00 - Mesa redonda «GUGLs-OSL-Empresas»

Posteriormente, os membros da comunidade e quen desexe acompañalos desprazaranse para ter unha comida cominitaria

No hall da Escola, Alumnado voluntario instalará a quen o desexe LibreOffice, OpenOffice.org ou NeoOffice en computadores con Windows/MacOS X.

Nota: En equipos de baixos recursos tamén poderán instalar o aplicativo de tratamento de textos «AbiWord» (só Windows ou GNU/Linux).

Outras sedes colaboradoras

Lugo

  • No In Lugo CIS Lugo, mapa, preténdese facer unha breve introdución sobre estándares abertos e formatos cada hora, xusto no comezo de cada obradoiro. Tras isto procederase á instalación das suites ofimáticas. É dicir, ás 10-11-12-13 / 16-17 darán comezo obradoiros con curtas explicacións sobre os estándares.

Santiago de Compostela

  • O mércores 30 de marzo, de 15 a 19:00 horas, na Residencia de estudantes do Monte da Condesa do Campus na Vida da USC (Universidade de Santiago de Compostela), a súa Oficina de Sw Libre e mailo GLUG Terán un PIC (Punto de Información no Centro) e a partires das 17:00 farán unhas charlas-debate sobre estándares, Software Libre e boas prácticas.

Paterna (Valencia)

  • Open Xarxes Coop. V., Calle Alborgí, 10 - 46980 Paterna (Valencia) organiza un evento con breves relatorios sobre a importancia da liberdade nos documentos no eido dos formatos e estándares abertos xunto a aplicativos e suites ofimáticas que soportan ODF (Open Document Format). Repartiranse CDs, participando asociacións como ARPA e VALUX, así como o persoal de Open Xarxes. Haberá unha install party o 1 de abril.

Organismos/administracións que comprometeron a súa asistencia á mesa técnica

  • Oficina de Coordinación FLOSS
Técnico/a da Oficina de Coordinación FLOSS
Secretaría Xeneral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia
  • D. Raúl Fernández Iglesias
Responsable de Servizos Informáticos da FEGAMP
  • D. José Andrés Freire Dapena
Director da Área TIC
Universidade de Santiago de Compostela
Responsable da OSLUSC (Oficina de Software Libre)
  • D. Juan Ignacio Varela García
Oficina Técnica Sistemas Información Xeográfica
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras
Dirección Xeral Sostibilidade e Paisaxe
Xunta de Galicia
  • D. Francisco Javier Rodriguez Martinez
Universidade de Vigo
Responsable da OSLUVI (Oficina de Software Libre)

Materiais de difusión

A comunidade galega traduciu ao galego todo o material de difusión do DFD, posto á disposición de calquera que queira contribuír na difusión do DFD 2011.


Ficheiro:Dfd leaflet front-2010-gl.pngFicheiro:Dfd leaflet back-2011-gl.png

Colaboracións

Necesidades

Precisamos aportacións económicas, ou asumir algunha partida de gasto, de todos os GUL e incluso de particulares/empresas.

Para quen queira facer algunha aportación a título persoal, pode dirixirse ao GUL máis próximo ou, chegado o caso, poderemos empregar algunha conta de PayPal (p.ex. a de GALPon MiniNo).

Están solicitados orzamentos de materiais gráficos

  • Cartelería (A3)
  • Folletos (A6) BeN e cor
  • Pegatinas
  • Plotters

Orzamento de "Sixpress"

Cantidade Concepto Importe
2 PLOTER LONA NORMAL 4/0 TINTAS 85 X 200 CM 95,00
2 BANNER ROLL- 1 cara 85 cm 72,00

Orzamento de "Gráficas Anduriña"

Cantidade Concepto Importe
150 IMPRESION CARTELES 4/0 TINTAS estucado brillante 150 GR. A-3 123,00
1500 IMPRESION FOLLETOS 4/4 TINTAS estucado brillante 90gr. 175,00
2000 Pegatinas 50x30mm unha cor (negro) adhesivo brillo 80gr 110,00

Vistos os orzamentos todo parece indicar que precisaremos un chisco máis de 700 € (600+IVE) para facer "todo" o material. O que me leva a facer unha petición aos GUL de entre 50 e 150 € segundo a dimensión de cada GUL.

Colaboracións

Colaboracións co DFD
Apoios Col. económica Método Col. loxística Col. persoal Outra
Escola Enx. Telecom Universidade de Vigo - - Si - Infraestruturas
uvigo.tv (Universidade de Vigo) - - - - Infraestruturas
AGASOL - - Si Si -
Trasno 150 € Transf. Si Si Traducións
Equipo galego de LibreOffice - - Si Si Traducións
O Zulo 50 € Transf. - - -
Andrés Bott - - - - Deseño
AGNIX 50 € Transf. Si Si Coordinación
GALPon 150 € Transf. Si Si -
Melisa 100 € Transf.. - Si -
Galite 50 € Transf. - - -
GRUVI - - Si Si -
GPUL 200 € Pago fra. - - -
ASOLIF - - - - Oficialidade e representación
Ghandalf SI Pago fra. - -
Hispalinux - - - - Oficialidade e representación
TEGNIX SI - - - Coordinación
Igalia SI - - - -
Softcatalá - - - - Apoio oficial

Bosquexos para os materiais específicos

Podedes velos/descargalos desde aquí, agardamos as vosas opinións.

Comida en comunidade

A Partires das 15:00 no restaurante o Lobishome, en Mantelas 65, 36204 Vigo (tel: 986 41 57 66), moi preto da Praza de España (imaxe e mapa).

Ficha para as inscricións á comida comunitaria
Nome Representando a:
01 Roberto Brenlla Coordinación coa FSFE
02 Miguel Anxo Bouzada Traballo de organización da comunidade
03 Carlos Rodriguez GALPon
04 Isaac GALPon
05 Manuel Hermo AGNIX
06 Rafael Gaioso Melisa
07 Miguel Branco Trasno
08 Antón Méixome Coordinador de LibO e OOo galego
09 bk AGNIX
10 sweena AGNIX
11 Alberto Vázquez Porto AGNIX
12 Alejandra Salgueiro GRUVI
13 Daniel Díaz GRUVI
14 Pablo De Miguel GRUVI
15 Luis A. Fernández AGASOL
16 Nacho Uve Oficina Técnica Sistemas Información Xeográfica (Xunta de Galicia)
17 Alberto Permuy O Zulo
18 Pablo Robatto O Zulo
Pechada - -

Outros actos polo mundo adiante

Semella que os países de fala galego-lusófona son os máis activos consonte o listado actual na páxina oficial na que se presentan 37 actos en 13 estados.

Argentina

  • Posadas

Belgium

  • Brussels

Brazil

  • São Paulo
  • Brasilia
  • Belo Horizonte
  • Fortaleza
  • Salvador
  • Recife
  • Curitiba
  • Porto Alegre
  • Rio de Janeiro
  • Belém
  • Campinas
  • Serra/Espirito

Croatia

  • Križevc

Germany

  • Munich
  • Berlin
  • Hamburg
  • Düsseldorf

Greece

  • Thessaloniki

Italy

  • Spoleto
  • Catanzaro

Mexico

  • Coatzacoalcos

Netherlands

  • The Hague
  • Den Haag

Panama

  • Panama City
  • Aguadulce

Portugal

  • Lisbon
  • Coimbra
  • Porto
  • Viseu

Spain

  • Vigo
  • Lugo
  • Santiago
  • Valencia

United Kingdom

  • Surrey
  • Manchester
Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki