Curso de Administración avanzada de sistemas con ferramentas libres
Índice |
Descrición:
Datas e lugar de celebración:
- O curso celebrouse entre o 2 e o 8 de novembro de 2010
- O Lugar de celebración foi a Aula T214 da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Campus de Marcosende, Vigo
Programa
A continuación inclúese a descrición e a documentación asociada a cada un dos módulos do curso. Tamén pode atopar esta e outra información na web adicada ao curso no portal de GALPon
Virtualización con VirtualBox
- Conferenciante:: Oscar Casal. Diplomado en relacións laborais, finalizando Enxeñería de sistemas. Administrador de sistemas na empresa privada por máis de 7 anos. Especializado en sistemas virtualizados. Múltiples cursos de formación.
- Sinopse: O taller ten 3 partes diferenciadas:
- Coñecer e traballar con VirtualBox dende a liña de ordes
- Tipos de discos: características de cada un, configuración e casos de uso
- Tipos de redes: características, configuración e casos de uso
- Vense a maiores temas como o teleporting e algunha outra característica máis de VirtualBox, pero os 3 puntos anteriores centran a maior parte do traballo.
- Documentación:
- Presentación: Pequeñas notas sobre Virtualbox 3.2.10 pdf
Configuración avanzada de redes en GNU/Linux
- Conferenciante:Adrián Boubeta. Técnico Superior en Administración de sistemas informáticos. Administrador de sistemas GNU/Linux na empresa privada.
- Sinopse: Obradoiro no que se describen conceptos e ferramentas de configuración avanzada de redes en GNU/Linux así como utilización avanzada de OpenSSH.
- Documentación:
Asterisk e VoIP.
- Conferenciante: Damián Nogueiras. Enxeñeiro superior de telecomunicacións. Profesor de Ciclo Superior de Formación Profesional, Desenvolvemento de aplicacións e Administración de sistemas informáticos. Formador e profesional especializado en Asterisk e VoIP.
- Sinopse: No obradoiro de carácter eminentemente práctico cada alumno traballa sobre a súa instalación de Asterisk. Vense os seguintes temas:
- Introducción á VoIP e as posibilidades de Asterisk
- Xestionar Asterisk mediante interface web
- Crear extensións que se comuniquen entre si usando "softphones"
- Chamadas a un número da RTC
- Recibir chamadas da RTC
- Crear un IVR (Resposta de Voz Interactiva)
- Posta en marcha de Asterisk desde cero (ou case)
- Compilar
- Engadir compatibilidade MySQL
- Enlazar o CDR (rexistro de chamadas) con MySQL
- Interconectar dous Asterisk: protocolo IAX
- Utilización dunha pasarela (gateway) GSM.
- Documentación:
Sistemas de copias de seguranza.
- Conferenciante: Antonio Sánchez León. Diplomado en Maxisterio con praza por oposición na comunidade autónoma de Navarra. Mantedor de sistemas informáticos en centros de ensino. Desenvolvedor e co-coordinador da distribución libre baseada en GNU/Linux GALPon MiniNo.
- Sinopse: Trátanse fundamentalmente as distintas posibilidades para facer unha copia íntegra dun sistema operativo. Non se tratan aspectos sobre como facer copias de seguridade de datos de escritorio ou do noso cartafol persoal (incrementais, diferenciais, etc...), máis ben o obradoiro céntrase en aspectos relacionados co sistema operativo e os seus programas. Fálase de como facer copias clónicas de particións e discos ríxidos enteiros utilizando varias ferramentas (entre elas Partimage). Como facer as copias a outras particións, a CD e DVD, por rede a un ou varios computadores á vez, etc... Todo de forma sinxela, básica e que funcione. Tamén se amosa unha forma rápida para automatizar unha partición de rescate, como fan ultimamente os fabricantes de computadores, que non reparten CD orixinais, senón que che dan o sistema instalado + unha partición de rescate, neste caso todo con ferramentas libres.
- Documentación:
Introdución a tecnoloxías web con software libre. Construción de sitios web con Drupal.
- Conferenciante: Alberto Permuy. Técnico superior en Administración de sistemas informáticos. Administrador de sistemas GNU/Linux.
- Sinpose: Ao longo de tres bloques, o alumno aprenderá e asimilirá conceptos básicos de instalación, configuración e primeiros pasos para o uso de Drupal. Nun segundo bloque os asistentes a este curso serán quen de recuperar un sistema Drupal, instalar e actualizar novos módulos, así como nocións básicas para optimizar o contorno. No bloque final o alumno recibirá as nocións precisas para adentrarse no apaixonante mundo do desenvolvemento de módulos, temas e demais compoñentes de Drupal.
- Documentación:
Impacto:
Neste curso recibiron formación 50 persoas.
Organiza:
Colaboran:
Dpto. de Teoría do Sinal e Comunicacións, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo.
Patrocina:
Esta actividade contou co patrocinio da Xunta de Galicia a través do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2010 da Xunta de Galicia.






