Wiki de Mancomunwikiconselleria

Corrector ortográfico para OpenOffice.org

Índice

Descrición

O corrector está baseado no novo estándar do OpenOffice.org, chamado Hunspell, e inclúe nesta versión máis de 21 millóns de palabras, 500 abreviaturas, 1500 nomes e apelidos, 400 siglas e acrónimos e 1.500 topónimos e 300 xentilicios.

Licenza

Este é un dicionario para OpenOffice baseado no motor Hunspell creado dentro da iniciativa "Mancomún, Iniciativa Galega polo Software Libre" e desenvolvido usando a normativa vixente en Setembro de 2006.

O dicionario está liberado baixo os termos da GNU GPL versión 2.

Unha copia desta licenza pode atoparse na seguinte páxina web:

http://www.gnu.org/copyleft/gpl.html

Descarga e instalación

Vídeo demostración da instalación

Vídeo de mostración (formato OGG)

Con conexión á Internet

  1. Abrir o Writer.
  2. Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
  3. No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
  4. Premer no botón Executar DicOOo.
  5. Seguir os pasos do asistente de instalación.
  6. Premer no botón Seguinte.
  7. Escoller o idioma Galician (Spain)
  8. Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
  9. Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice.
  10. Premer Seguinte e logo Rematar.
  11. Unha vez finalizado o proceso, pechar o Writer. A seguinte vez que se reinicie xa estará instalado o corrector galego.

Sen conexión á Internet

Para descargar o corrector pulsa na seguinte ligazón:

gl_ES-pack.zip (215KB)

Para instalar o novo corrector, que é multiplataforma, segue as seguintes instrucións:

  1. Descargar o arquivo gl_ES-pack.zip ao disco duro.
  2. Abrir o Writer.
  3. Escoller no menú Ficheiro, Asistentes, Instalar novos dicionarios...
  4. No documento que se abre premer sobre Galego (ou Español se o teu asistente non está traducido ao galego)
  5. Premer no botón Executar DicOOo.
  6. Marcar a opción "Instalación dun paquete de dicionario xa descargado".
  7. Premer no botón Explorar. Buscar o arquivo descargado no paso 1 no noso disco: gl_ES-pack.zip.
  8. Premer no botón Seguinte.
  9. Escoller o idioma Galician (Spain)
  10. Premer Seguinte nas 2 seguintes pantallas.
  11. Na pantalla onde aparece a mensaxe "O asistente descomprimirá os dicionarios seleccionados e instalaraos", desmarcar "Non descomprimir os dicionarios que xa están instalados (non actualizar)" para que no caso de ter unha versión antiga do dicionario galego a actualice.
  12. Premer Seguinte e logo Rematar.
  13. Unha vez finalizado o proceso, pechar o Writer. A seguinte vez que se reinicie xa estará instalado o corrector galego.

Erros detectados e en revisión

Se detectas algún erro no corrector podes envialo ao seguinte enderezo de correo electrónico: mancomun@mancomun.org e irémolos corrixindo. Na discusión desta páxina poderedes comprobar o avance no mesmo.

Ferramentas personais


MediaWiki