Como importar/exportar contas co Pidgin
Instalación de List Handler
Unha solución para exportar os contactos do Jabber é empregar o complemento List Handler para o Pidgin. Este complemento atópase no paquete PluginPack dispoñible para Ubuntu dende os repositorios. Pódese instalar dende o xestor de paquetes ou dende a consola inserindo a seguinte liña:
sudo apt-get install pidgin-plugin-pack
En contornos windows é preciso descargar as bibliotecas dende a páxina do proxecto e copiar no cartafol de plugins do pidgin os ficheiros dll (usualmente C:\Program Files\Pidgin\plugins).
Para outras plataformas están dispoñibles os paquetes na seguinte ligazón:
http://plugins.guifications.org/trac/downloads
Máis información do complemento: http://plugins.guifications.org/trac/wiki/PluginPack
Como exportar os contactos do Jabber co Pidgin?
Despois de instalar o complemento e reiniciando o Pidgin podemos activar o complemento indo a Ferramentas > Complementos:
Despois de activar o complemento List Handler reiniciamos o Pidgin para que recargue a interface e ter dispoñible as opcións do complemento dende Ferramentas > List Handler. Para exportar os contactos dunha conta escollemos a opción: Export Generic Buddy List File.
Despois de escoller a opción de exportar solicitaranos escoller a conta da cal queremos exportar os contactos. Tras escoller a conta desexada amosarásenos un diálogo para poñerlle nome ao ficheiro e gardalo.
Como importar os contactos do Jabber co Pidgin?
Para importar os contactos previamente exportados do paso anterior é facer o proceso contrario. Dende a opción Ferramentas > Import Generic Buddy List File (.xml) pediranos o Pidgin que lle proporcionemos o ficheiro e despois un diálogo para seleccionar en que conta se queren incorporar os contactos.









