CISL2008
Benvid@ ao wiki da Delegación Galega na edición 2008 da Conferencia Internacional de Software Libre,
Dende a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información encomendouselle ao Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza a coordenación dunha delegación de personas representativas da comunidade galega do software libre que acudan ao evento co obxecto de darlle visibilidade á experiéncia galega e tomar contacto con outras realidades.
Todas as personas integrantes da comunidade do software libre de Galiza, dende as iniciativas individuais e o voluntariado ás empresas pasando polo movemento asociativo estamos convidadas a participar no evento facendo chegar as nosas propostas e tomando parte no proceso de traballo conxunto. Para facilitar a coordenación, pregámosvos que enviedes as vosas propostas ao enderezo eventos @ mancomun . org
Índice |
Actividades previstas
Nesta edición o evento centrarase en mostrar a vitalidade de este sistema (o software libre) no seu aspecto social, e de maneira específica, a súa aplicación e uso por parte das grandes corporacións públicas. Por outra parte existe un Dossier da Conferencia no que se perfilan os posíbeis tipos de actividades. Ademais as actividades do evento xirarán en torno a tres áreas: administración pública, aspectos tecnolóxicos e enfoque sectorial. Por tanto será preciso encadrar as propostas nalgunha destas tres áreas, que se desagregan de seguido.
Área de Administración pública
En la próxima Conferencia Internacional de Málaga 2008 se pretende demostrar cómo las administraciones han pasado de desarrollar proyectos piloto a poner en marcha grandes proyectos que se soportan en software libre y que están siendo analizados para su aplicación en un ámbito internacional, como es el caso del Repositorio de Software Libre de la Junta de Andalucía.
- Para facilitar a coordinación, pregámosvos que enviedes as vosas propostas ao enderezo eventos @ mancomun . org
- Este ano co propósito de acadar unha maior presenza na Conferencia Internacional de Málaga 2008, o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza disporá dun stand propio como representante da Administración Galega en materia de Software Libre. Atendendo á importancia que todos os membros da comunidade galega de Software Libre teñen para o desenvolvemento do proxecto, Mancomún convida a todos os axentes implicados a compartir o seu espazo no stand.
- A maiores está previsto que o coordinador do Centro, Suso Baleato, participe en dúas mesas redondas versando sobre os seguintes aspectos:
-"Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún): software libre en la promoción industrial y la Sociedad de la información"
-"DVD PYME: un caso de dinamización del tejido TIC mediante el software libre"
Área de Aspectos Tecnolóxicos
Por otro lado, los aspectos tecnológicos se contemplarán desde la óptica de la innovación en aplicaciones software y sistemas operativos, abordando los nuevos horizontes de la Web 2.0 y la web semántica y teniendo en cuenta la mejora continua como valor de marca del software libre.
- Os membros de Galpon propoñen enviar a unha ou dúas persoas de Galpon coa delegación galega para amosar o proxecto Galpon MiniNo e promocionar os proxectos desenvolvidos en Galicia. Segundo explica Rafa Couto, "temos equipos portátiles rescatados do Gruvi que poderíamos amosar funcionando perfectamente coa distribución en castelán e galego, como amosamos no Festigal".
Área de enfoque sectorial
La Conferencia de Málaga 2008 tratará también desde un enfoque sectorial los temas de educación, salud, gestión empresarial, cooperación internacional, ocio, turismo, cultura, sistemas de información geográfica, desarrollos multimedia y accesibilidad.
- Roberto Brenlla impartirá un relatorio baixo o título "Swl desde galicia para la lusofonía".
- Roberto Brenlla coméntanos que, xa como membro de TEGNIX, acudirá tamén ao evento Claudio F. Filho, responsable do Br-Office. A conferencia terá o título "Um caminho de sustentabilidade pelo openoffice.org"
Loxística
Reunións de coordenación
Polo momento dende Mancomún estanse recollendo as distintas propostas de participación. Unha vez que teñamos todas confirmadas poderíase establecer unha data de encontro no que se expuseran todas as ideas.
Transporte
Rematado o prazo establecido o pasado día 19 de setembro e contando coa xente apuntada até o momento e dado que o resto de asistentes se desprazarán a Málaga pola súa conta, Mancomún optou por alugar un monovolume con 6 prazas útiles ocupadas por:
- Óscar García - Irene Touriño - Enrique Estévez - Fran Diéguez - Miguel Bouzada - Daniel Espiñeira
As persoas que queiran apuntarse na participación no evento poderán xestionalo a través da axencia de viaxes contactada para o mesmo:
ARASOLIS VIAXES S.L.L. C/Fray Rosendo Salvado nº 20 Bloque B 15701 Santiago de Compostela Tlfn: 981 93 90 09
Aloxamento
Nesta ligazón[1] podedes coñecer o listado de hoteis oficiais do evento.
A maior parte das persoas participantes na delegación galega aloxaranse no NH Málaga, posto que será neste hotel no que se atopen as personalidades do software libre.
As persoas que desexen unirse poderán contactar coa axencia de viaxes reseñada no apartado de "transporte" para facer uso dalgunha das habitacións reservadas por Mancomún (data límite de solicitude 10 de outubro).
Manutención
As persoas que se rexistren no evento (de momento aínda aberto o prazo [2]) contarán con bonos para a comida de cada unha das xornadas do evento.
O resto da manutención correrá por conta persoal dos asistentes.
Non obstante, a Dirección Xeral convida a todos os membros da delegación galega en Málaga a unha cea de confraternidade en Málaga o martes 21 de outubro ás 22:00 horas.
As persoas da delegación galega interesadas en unirse a esta celebración deberán anotarse no enderezo eventos@mancomun.org antes do día 17 ás 15 horas.
Datos do evento
Nome do evento
Conferencia Internacional de Software Libre 2008
Lugar e datas
- Palacio de Exposiciones y Congresos (Málaga)
- 20, 21 e 22 de outubro de 2008







