AraOS
Descrición
araOS é un metapaquete para o sistema operativo Ubuntu que facilita a creación a baixo custo de adaptacións específicas e en galego do sistema operativo Ubuntu de cara a cubrir necesidades de sectores empresariais concretos como poden ser a hostalería, o comercio, a educación, a sanidade ou as aulas informáticas.
O metapaquete araOs instala no computador, como predeterminado, o dicionario do corrector ortográfico para galego e os programas Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org en galego.
O nome AraOS procede de mesturar o nome do coñecido pingüín galego, o arao (Uria Algae) coas siglas OS (Operative System), de acordo coa tradición da comunidade de software libre de identificar Linux con algún destes animais.
Creación dunha Ubuntu personalizada empregando o araOS
O metapaquete AraOS é o encargado de instalar, por unha banda, o soporte completo do idioma galego, e por outra, o aspecto gráfico do escritorio. Emprega dous paquetes:
- paquete araos-g11n, para a galeguización de Ubuntu.
- araos-desktop, para a instalación dos elementos gráficos.
Modificando os paquetes anteriores, as persoas desenvolvedoras poden personalizar doadamente a imaxe gráfica do sistema operativo (logos, iconas, splash...) ou integrar aplicativos específicos para o sector ao que vai dirixido.
Deste xeito, calquera empresa ou institución pode empregar o AraOS, para desenvolver un sistema operativo funcional adaptado ás súas necesidades de uso, pero tamén á súa propia identidade corporativa.
Probar o araOS
Mancomún mantén un repositorio de paquetes para as distintas versións de Ubuntu dende a Ubuntu hardy (8.04 LTS). Empregando estes repositorios na súa Ubuntu pode probar o funcionamento do metapaquete araOS.
Por outro lado, se non ten instalado Ubuntu pode descargar a imaxe iso de araOS baseada en Ubuntu 9.04, gravala nun CD que poderá probar en modo vivo (live-cd), e se lle convence poderá instalalo.
Finalmente, se xa probou anteriormente araOS pode actualizar a versión seguindo as instrucións:
NOTA: Se ten instalado araOS 8.04 e quere actualizar á última versión araOS 9.04 debe facelo en dúas fases, primeiro actualizar á versión 8.10 e logo á versión 9.04.







