Wiki de Mancomunwikisecretaria

Actualizando a araOS 9.04

Esta páxina guiarao na actualización de araOS / Galinux dende a 8.10 á 9.04

Actualizando araOS / Galinux

1. No menú Sistema da parte superior e escolla Administración e logo prema en Xestor de actualizacións

2. Prema en Comprobar para buscar novas actualizacións.

3. No caso de atopar novas actualizacións prema en Instalar actualizacións para instalalas. Prema Comprobar de novo, unha vez que se complete a instalación.

4. Aparecerá unha mensaxe indicándolle a dispoñibilidade dunha nova versión.


5. Prema en "Actualizar".

6. Siga as instrucións que aparecen en pantalla. Notificaráselle que se desactivarán certas fontes de software, e que poderá reactivar máis adiante de novo.

Reactivando o repositorio de araOS / Galinux para a nova versión

Unha vez finalizada a actualización e reiniciada a máquina debemos activar de novo os repositorios de Mancomuún, xa que foron desmarcados automaticamente para efectuar a actualización.

1. No menú Sistema, da parte superior, escolla Administración e logo prema en Fontes de software.


2. Marcamos as dúas liñas pertencentes a ftp.mancomun.org e prememos en Pechar.


3. Neste intre, o sistema fará unha actualización das listas e indicaranos que existen novos paquetes para instalar. Se isto non sucedese, iremos ao menú Sistema da parte superior, escolleremos Administración e logo premeremos no Xestor de actualizacións.

4. Premeremos en Comprobar e logo en Instalar actualizacións.

Ferramentas persoais


Powered by MediaWiki