Wiki de Mancomunwikiconselleria
ARAOS-devel
Tras dous anos de funcionamento o Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre de Galiza identificou claramente a conveniencia de dispoñer dunha ferramenta que lle permitira dar resposta á crecente demanda de recursos e servizos que tanto por parte da cidadanía, como das empresas e distintos sectores da administración pública galega viña manifestándose en torno á idea recurrente dun escritorio ofimático multimedia en galego.
Se ben a opción técnica que máis rápidamente podería configurarse como solución idónea a estas necesidades sería a de apoiar algunha das iniciativas existentes de galeguización dunha distribución Linux determinada, esta opción rexistraba distintas obxecións entre as que cabia ser destacada a ausencia de consenso no eido da comunidade galega do software libre acerca desa escolla.
Por todo o anterior, e tras un proceso de posta en común alargado aos axentes concernidos, considerouse conveniente unha estratéxia asentada nos seguintes eixos:
  • Intensificar as iniciativas encamiñadas ao afortalamento das comunidades do software libre galegas con especial atención a comunidade de tradución de software libre ao galego, identificada esta como a pedra basilar que fai posibel no longo prazo a existenza de software no noso idioma.
  • A integración de Mancomún como un axente máis dos que compoñen a comunidade galega do software libre co fin de optimizar o compromiso da Xunta de Galiza -a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Indústria- co software libre e os estándares abertos a traverso do PEGSI.
  • O mantenemento dun metapaquete que forneza unha configuración canónica de escritório ofimático multimedia en galego actualizada e susceptibel de ser portado para as distintas distribucións existentes e capaz de ser reutilizado libremente por terceiros xenerando distribucións, LiveCD ou calquera outra ferramenta que puidera resultar adecuada ás súas próprias necesidades.
Unha vez analizadas as distintas opcións, identifícase Ubuntu como distribución máis adecuada para iniciar o traballo de desenvolvemento e faise a proposta aos GUGL de Galiza. Ao non rexistrar obxecións, exténdese a proposta á comunidade Ubuntu galega que recibe positivamente a noticia e contribúe significativamente á definición do proxecto.
Este wiki nace durante esa posta en común co proposito de fornecer unha canle de traballo conxunto entre o equipo de desenvolvemento do Centro de Referéncia e Servizos co resto da comunidade do software libre de Galiza en torno ao desenvolvemento do metapaquete. Codename: araOS.
Índice
Contidos do metapaquete araOS
O metapaquete de araOS fai chamada a sua vez a dous metapaquetes
Galeguización de Ubuntu. Metapaquete araos-g11n
O metapaquete araos-g11n e o encargado de instalar todos os paquetes necesarios para a galeguización de Ubuntu:
  • language-pack-gl-base
  • language-pack-gnome-gl-base
  • language-support-gl
  • hunspell
  • Firefox en Galego
  • Thunderbird en Galego
  • OpenOffice en Galego
Este metapaquete tamen instala unha serie de paqutes mantidos por Mancomún que non estan incluídos ainda no sistema base de Ubuntu.
  • hunspell-gl: E o dicionario do corrector hunspell (utilizado por OpenOffice, Firefox ou Thunderbird entre outros).
  • language-pack-gl: Tratase dun paquete modificado do orixinal da distribución Ubuntu o que se lle engadiu a tradución de OpenOffice 3 ao galego, xa que o orixinal ven sen ela.
  • thunderbird-locale-gl-es: A traducción de galego para Thunderbird 2.*.
Tema gráfico de araOS. Metapaquete araos-desktop
O araos-desktop e o encargado de instalar todos os elementos gráficos do araOS, todos estes paquetes están a ser desenvolvidos por Mancomún.
  • araos-gdm-themes: Temas da ventá de entrada ao sistema onde se solicita o nome de usuario e contrasinal.
  • araos-splash: Ventá que aparece mentres se esta a cargar o escritorio e que vai indicando que partes se están a a cargar.
  • araos-wallpapers: Fondos de pantalla.
  • usplash-theme-araos: Imaxe de carga do sistema coa barra de progreso.
Paquetes de Galeguización
hunspell-gl
O paquete hunspell-gl instala dicionario de galego para o corrector ortográfico hunspell que e o que utilizan, entre outras, as aplicacións OpenOffice, Firefox 3 e Thunderbird.
Os dicionarios de hunspell son compatíbeis cara atrás cos dicionarios myspell polo que este paquete sustitue estes últimos.
Este paquete esta composto por dous ficheiros, o gl_ES.aff coas regras e o gl_ES.dic co listado de palabras. Estes ficheiros instálanse en /usr/share/myspell/dicts/.
language-pack-gl
language-pack-gl e unha modificación do paquete co mesmo nome xa existente na rama oficial de Ubuntu o que simplemente se lle engade a tradución do Mozilla Firefox 3 ao galego.
thunderbird-locale-gl-es
Este e un paquete novo que non esta engadido no repositorio oficial de Ubuntu. Esta baseado no paquete existente thunderbird-locales.
thunderbird-locale-gl-es instala a tradución ao galego do Thunderbird en /usr/lib/thunderbird para ser utilizada por todos os usuarios da maquina.
Personalización do GDM Theme
Para modificar o tema GDM é preciso modificar o ficheiro /etc/gdm/gdm.conf e atopar a entrada GraphicalTheme e mudala polo tema que teñamos instalado no directorio: /usr/share/gdm/themes/
  GraphicalTheme=araOS
Pantallazo do tema GDM de araOS (versión 0.3)
Pantallazo do tema GDM de araOS (versión 0.3)
Tamén se pode modificar a cor de fondo do tema GDM para que non apareza a cor típica de Ubuntu (#dab082)    modificando as entradas do ficheiro /etc/gdm/gdm.conf :
  BackgroundColor=#000000
  GraphicalThemedColor=#000000
Personalización do Splash Screen
Path por defecto das imaxes que carga coma splash screen: /usr/share/pixmaps/splash/*.png
Existe unha utilidade desenvolvida en Ruby que permite o cambio por parte dos usuarios do splash screen: gnome-splashscreen-manager
Para mudar a imaxen por outra empregar gconftool-2, executando o seguinte comando:
gconftool-2 --type=string --set /apps/gnome-session/options/splash_image ruta/a/imaxe.png
Habilitar o valor booleano que indica que se amose o splash screen:
gconftool-2 --type=bool --set /apps/gnome-session/options/show_splash_screen true
A configuración por defecto atópase en:
   /var/lib/gconf/debian.defaults/%gconf-tree.xml
Expresión XPATH para obter o valor:
   /gconf/dir[@name="apps"]/dir[@name="gnome-session"]/dir[@name="options"]/dir[@name="splash_image"]/stringvalue
Modificación dos valores por medio dun script en Python:
#!/usr/bin/env python
import gconf
client = gconf.client_get_default()
valor = client.get_string('/apps/gnome-session/options/splash-image')
print valor
client.set_string('/apps/gnome-session/options/splash-image', 'ruta/a/imaxe.png')
#outros métodos
client.set_int
client.set_bool
client.set_float
OLLO: Para que as personalizacións afecten de modo global temos que empregar gconftool-2 contra os ficheiros /etc/gconf/gconf.xml.mandatory/%gconf-tree.xml, no caso de que as modificacións sexan obrigatorias, ou o ficheiro /etc/gconf/gconf.xml.defaults/%gconf-tree-gl.xml no caso de que as modificacións sexan por defecto. Para modificar as configuracións por defecto podemos empregar os scripts anteriores que modificarán o ficheiro ~/.gconf/*/%gconf-tree.xml do usuario.
Sintase do comando:
gconftool-2 --direct \
  --config-source xml:readwrite:/etc/gconf/gconf.xml.[defaults|mandatory] \
  --type [int|bool|float|string|list|pair] \
  --set [/virtual/path/to/key] \
  [value(s)]
Ferramenta para limpar as entradas do rexistro de GNOME: http://code.google.com/p/gconf-cleaner/downloads/list
Pantallazo do Splash screen de araOS
Pantallazo do Splash screen de araOS
TODO
  • Revisión do script de instalación, posibles problemas con gconfd ao cambiar as claves
  • Mudar a explicación do funcionamento de gconf e crear un apartado de tutorial de gconftool-2, api python de gconf, ...
Personalización do USplash
Howto USplash Customization
cd Desktop
sudo cp usplash-theme-fingerprint.so /usr/lib/usplash
sudo update-alternatives --install /usr/lib/usplash/usplash-artwork.so usplash-artwork.so /usr/lib/usplash/usplash-theme-fingerprint.so 10
sudo update-alternatives --config usplash-artwork.so
sudo update-initramfs -u
Para crear o usplash instalar o paquete libusplash-dev e logo ir a:
/usr/share/doc/libusplash-dev/examples
Descargar o usplash de ubuntu e modificar os fontes:
  sudo apt-get source usplash-theme-ubuntu
Pantallazo do usplash actual ver-0.3
Pantallazo do usplash actual ver-0.3
Ubuntu Customization Kit
UCK
Fondo de pantalla
Crearemos o fondo que queiramos utilizar do tamaño desexado, poñerémoslle o nome que queiramos, e o situaremos no cartafol /usr/share/backgrounds/ e logo editamos o arquivo /var/lib/gconf/debian.defaults/%gconf-tree.xml e buscamos onde poña /usr/share/backgrounds/warty-final-ubuntu.png e poñemos o nome do noso escritorio de forma que esa liña quedaría /usr/share/backgrounds/arao.png (ou a imaxen desexada).
Se un usuario personalizou o seu fondo de pantalla entón a configuración está gardada no perfíl no ficheiro .gconf/desktop/gnome/background/%gconf.xml co seguinte contido:
<?xml version="1.0"?>
<gconf>
        <entry name="draw_background" mtime="1207070840" type="bool" value="true">
        </entry>
        <entry name="primary_color" mtime="1208345515" type="string">
                <stringvalue>#dadab0b08282</stringvalue>
        </entry>
        <entry name="secondary_color" mtime="1208345515" type="string">
                <stringvalue>#dadab0b08282</stringvalue>
        </entry>
        <entry name="picture_filename" mtime="1208345515" type="string">
                <stringvalue>/usr/share/backgrounds/arao.png</stringvalue>
        </entry>
        <entry name="color_shading_type" mtime="1208345515" type="string">
                <stringvalue>solid</stringvalue>
        </entry>
        <entry name="picture_options" mtime="1208345515" type="string">
                <stringvalue>zoom</stringvalue>
        </entry>
</gconf>
Pantallazo do fondo de pantalla de araOS
Pantallazo do fondo de pantalla de araOS
Scripts de instalación araOS
Modificar fondo de inicio ou instalación
Soamente hai que modificar a imaxe chamada splash.pcx que se atopa en extract-cd/isolinux, para xerar unha imaxe pcx podes facelo cun programa de edición de imaxes e gardalo en formato pcx cunha paleta de 14 cores.
Firefox 3.0
Modificación dos marcapáxinas por defecto
Incluir no ficheiro /etc/firefox/profile/bookmarks.html o seguinte contido:
<DD>Mancomún
<DD>Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia, Ubuntu, GNOME, KDE, Software Libre, Open Source, Coñecemento Aberto, Fonte Aberta, Tecnoloxía
</DL><p>
Paquete de idioma
Cuestións a ter en conta a hora de preparar o paquete .deb co pack de idioma para o firefox. O nome da carpeta onde se gardará o complemento (/usr/lib/firefox-addons/extensions) ten que ser da seguinte forma con gl-ES:
langpack-gl-ES@firefox-3.0.ubuntu.com
si se cambia por gl a interface aparece en inglés. Seguramente sexa por cuestións de locales, etc.
A maiores hai que engadir unha entrada no ficheiro ~/.mozilla/firefox/<cartafol_perfil>/extensions.rdf dos /home/ dos usuarios para que a extensións apareza no diálogo de complementos:
    ...
    <RDF:li RDF:resource="urn:mozilla:item:langpack-gl-ES@firefox-3.0.ubuntu.com"/>
    ...
Xa aproveito para engadir a seguinte customización e documentar no wiki para futuras extensións para o firefox: http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel#Modificaci.C3.B3n_dos_marcap.C3.A1xinas_por_defecto
Instalación por liña de comandos
Poden aparecer erros na instalación por liña de comandos dunha extensión de firefox:
/usr/bin/firefox -install-global-extension <nome-xpi>.xpi
Información sobre a instalación por liña de comandos na versión ff3: http://www.mozilla.com/en-US/firefox/3.0b2/releasenotes/ If you uninstall an extension that is installed with your user profile (i.e. you installed it from a Web page) and then wish to install it for all user profiles using the -install-global-extension command line flag, you must restart the browser once to cleanse the profile extensions datasource of traces of that extension before installing with the switch. If you do not do this you may end up with a jammed entry in the Extensions list and will be unable to install the extension globally.
Extensións problemáticas de Firefox (referencia por se aparecen problemas):
Paquetes a incluír
Entradas no menú de GNOME
Código python para engadir nun script "postinst" e incluír unha entrada no menú de aplicacións de GNOME.
#!/usr/bin/env python
# -*- coding: utf-8 -*-
import os,stat
from xml.dom.minidom import parse, parseString
def existEntry(dom_menu, name_entry):
    """ Comprobar si existe a entrada name_entry como atributo
        na árbore DOM dom_menu """
    nodes = dom_menu.getElementsByTagName('Name')
    for i in nodes:
        if i.firstChild.nodeValue.strip() == name_entry:
            return True    
    return False
def getNode(dom_menu, name_node):
    """ Recuperar o nodo da árbore DOM co nome name_node_insert
        """    
    nodes = dom_menu.getElementsByTagName('Name')
    for i in nodes:
        if i.firstChild.nodeValue.strip() == name_node:
            print "Atopado %s" % i.firstChild.nodeValue.strip()            
            return i
    print "Non atopado"    
    return i
def setMenuEntry(path_menu, name_entry, name_node_insert):
    """ Introducir unha entrada no ficheiro de menu se non existe
        P.E.- Entrada de menu: /etc/xdg/menus/applications.menu
        <!-- Enterprise Tools -->
        <Menu>
          <Name>Enterprise</Name>
          <Directory>Enterprise.directory</Directory>
          <Include>
            <And>
              <Category>Enterprise</Category>
            </And>
          </Include>
        </Menu> <!-- End Enterprise Tools -->  """
    dom_menu = parse(path_menu)
    root = dom_menu.documentElement
    if not existEntry(dom_menu, name_entry):    
        string_entry = """<!-- %s --> <Menu>
            <Name>%s</Name>
            <Directory>%s.directory</Directory>
            <Include>
              <And>
                <Category>%s</Category>
              </And>
            </Include>
          </Menu> <!-- End %s -->""" % (name_entry, name_entry, name_entry, name_entry, name_entry)
        entry = parseString(string_entry)        
        root.insertBefore(entry.documentElement, getNode(dom_menu, name_node_insert).parentNode)        
        # Volcar o DOM a unha cadea co XML
        xml_string = dom_menu.toxml()
        # Gardar os contidos no ficheiro
        xml_file = open(path_menu, "w")
        xml_file.writelines( xml_string )
        # Pechar o ficheiro
        xml_file.close()
# Inserir unha entrada "Enterprise" no menú de applications antes de "Games"
#setMenuEntry('/etc/xdg/menus/applications.menu', 'Enterprise', 'Games')
def createFile(filename, str_content):
    """ Establecer un ficheiro cun contido nun directorio se non existe """        
    if not os.path.exists(filename):                 
        dir_file = open(filename, "w")
        dir_file.writelines( str_content )
        # Pechar o ficheiro
        dir_file.close()
filename = '/usr/share/desktop-directories/Enterprise.directory'
dir_entry = """[Desktop Entry]
Name=Enterprise
Name[gl]=PEME
Name[gl_ES]=PEME
Name[es]=PYME
Comment=Tools for SME
Comment[gl]=Ferramentas para a PEME
Comment[gl_ES]=Ferramentas para a PEME
Comment[es]=Herramientas para la PYME
Icon=applications-enterprise
Type=Directory
Encoding=UTF-8
X-Ubuntu-Gettext-Domain=gnome-menus
"""
setDirectoryEntry(filename, dir_entry)
filename = '/usr/share/applications/openbravopos.desktop'
dir_entry = """[Desktop Entry]
Encoding=UTF-8
Name=OpenbravoPOS
Name[es]=OpenbravoPOS
Name[gl]=OpenbravoPOS
Name[gl_ES]=OpenbravoPOS
Comment=OpenbravoPOS
Comment[es]=OpenbravoPOS
Comment[gl]=OpenbravoPOS
Comment[gl_ES]=OpenbravoPOS
Exec=openbravopos
Icon=openbravopos
Terminal=false
Type=Application
Categories=Enterprise;
StartupNotify=true
"""
setDirectoryEntry(filename, dir_entry)
Esquematicamente:
  1. Engadir unha nova entrada que se referenciará posteriormente nun ficheiro xxx.directory /etc/xdg/menus/applications.menu
  2. O ficheiro xxx.directory que contén as descricións e nomes, xunto co icono: /usr/share/desktop-directories/Enterprise.directory
  3. Crear a entrada para o programa que se desexe incluir no menú, neste caso openbravo: /usr/share/applications/openbravopos.desktop
 Os iconos engádense no directorio: /usr/share/pixmaps
Ligazóns e Referencias
Ferramentas personais
MediaWiki